Deporte Galego

Clínic de Nadal e resumo da temporada para o CGAB

  • 22 Decembro 2015 |

O Comité Galego de Árbitros acomete esta fin de semana unha das súas citas máis tradicionais: o Clínic de Nadal. A entidade colexial reunirá o sábado, 26 de decembro, en Compostela aos 60 árbitros autonómicos correspondentes aos Grupos 1 e Sub 23

As instalación do Colexio Manuel Peleteiro acollerán o encontro de todos eles, citados para a realización de diferentes probas e posta en común de cuestión de relevancia teórica.

O director técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, guiará de xeito completo esta xornada de traballo, repartindo a carga da convocatoria baixo o seguinte plan horario:

(09:30 h) Probas Físicas

(11:00 h) Revisión de Mecánica en pista

(11:30 h) Descanso

(11:40 h) Test de Regras

(12:15 h) Revisión de aspectos de mecánica

(13:10 h) Descanso

(13:15 h) Revisión de aspectos de criterio

(14:30 h) Xantar

A presenza dos responsables de cada Comité Zonal, así como dos habituais colaboradores técnicos do CGAB, reforzarán a posta en marcha da programación deste Clínic.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka