Deporte Galego

En marcha a Escola Galega de Árbitros de Baloncesto (ESGAR)

  • 20 Octubre 2015 |

A temporada 2015 – 2016 materializa, da man do Comité Galego de Árbitros e coa colaboración e patrocinio de Caixabank, este proxecto pioneiro no deporte galego.

A Federación Galega de Baloncesto, da man do seu Comité de Árbitros, presentou este luns a súa Escola Galega de Árbitros, novidoso formato didáctico orientado á figura do colexiado dende un punto de vista multidisciplinar.

Cun total de 22 alumnos, e cun cadro de docentes do máis alto nivel, viu a luz a ESGAR, comandada polo Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; e o colexiado galego ACB, Jacobo Rial, na tarefa de xefe de estudos da iniciativa.

IMG 20151019 184148

Ambos os dous, acompañados polo Presidente FGB, Francisco Martín; deron á benvida a o proxecto federativo, cuxo obxectivo principal pasa pola “formación integral, aberta e continua dos colexiados galegos”.

Xunto a eles compareceron no salón de actos do Colexio San José de Cluny, en Compostela, os principais valores da recén creada Escola.
O adestrador de Rio natura Monbus, Moncho Fernández, representou no acto ao profesorado. O técnico compostelán, que se encargará da parte táctica da formación, agradeceu á Federación Galega o importante paso dado ao crear esta escola, recoñecendo o valor da formación para os deportistas do presente.

A figura do técnico obradoirista encabezou un núcleo de profesores que completan o preparador físico dos árbitros FIBA, Alejandro Vaquera; o Director Deportivo FGB; Carlos Colinas, o ex colexiado ACB, José Luis Estévez; e a responsable da Área de Saúde da FGB, Leticia Fernández.

Apoiando tamén a iniciativa tomou parte o representante de Caixabank, Juan Ignacio Domínguez; quen incidiu no compromiso da entidade bancaria cos colexiados galegos e coa súa progresión como deportistas.

Ilusión
A ESGAR arrincou entre estas mostras de apoio e os desexos de sorte de tres figuras moi especiais: o futuro docente da mesma, Alejandro Vaquera; e os colexiados internacionais Daniel Hierrezuelo e Luigi Lamonica. Ambos, vía vídeo, animaron aos 22 alumnos a aproveitar a excepcional oportunidade que o CGAB lles ofrece.

IMG 20151019 191343

A referencia destes 22 novos participantes, que tomaron ilusionados boa conta da estrea da súa escola, pode consultarse xa no documento que achegamos. Todos reuniranse agora o vindeiro 6 de novembro para a súa primeira incursión no programa de estudos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka