Deporte Galego

II Curso On Line do Comité Galego de Árbitros: outubro e novembro no obxectivo

  • 13 Octubre 2015 |

Os aspirantes a colexiados e oficiais de mesa teñen ante sí unha nova oportunidade de entrar no mundo da arbitraxe cun sistema didáctico áxil e a un só golpe de click.

O CGAB ofrece unha nova cita coa formación e iniciación no seu staus “on line”. Unha carga lectiva de 14 horas de aulas virtuais configura este II Curso online 2015/2016, repetindo a súa fórmula en dúas quendas horarias diferenciadas, mañá e tarde; e titorizadas en ambos casos.

As datas marcadas para a ocasión comprenden os días 27, 28, 29 e 30 de outubro; así como o 3 ,4, 5, 6, 9 e 10 de novembro. Durante as mesmas afondarase en materias base como son as Regras de xogo, tarefas de Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras.

A presenza física dos alumnos unicamente será necesaria en tres sesións en cancha (6 horas en total), establecéndose como pistas de traballo as marcadas polas diferentes delegacións zonais FGB. Así mesmo, a avaliación dos coñecementos virá da man dun test on line e dunha imprescindible proba física, ambos de carácter non eliminatorio.

Inscrición
Os interesados en informarse ou tramitar a súa inscrición neste "II Curso On Line 15/16" teñen á súa disposición o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Ao mesmo poden dirixirse para consultar os datos relativos á convocatoria, así como para materializar a súa inscrición. Para esto último deberán enviar, antes do 23 de outubro, a correspondente ficha de alta e o xustificante de pago da cota actual dos cursos: 20 euros (a ingresar de xeito previo na conta ES27 2100 1455 11 0200136257 de la Caixa).

Salientar que todas aquelas persoas con licencia FGB como xogadores, adestradores ou delegados terán dereito a un desconto do 50% na cota de inscrición.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka