Deporte Galego

CGAB: Listas oficiais árbitros Grupo 1 e Grupo Sub 23

  • 03 Agosto 2015 |

O Comité Galego de Árbitros fai públicas as listas de árbitros do Grupo 1 e Grupo Sun 23 para a presente temporada 2015 – 2016. Na primeira das categorías, Grupo 1; estará composta por 42 árbitros, con 5 novidades, incorporándose 3 árbitros procedentes do grupo sub23.

Neste segundo grupo sub23 pasouse de 11 a 27 compoñentes co obxectivo de aumentar a cantidade de árbitros novos aos que se presta especial interese no seu proceso formativo desde a estrutura técnica do CGAB, ademais do traballo que desenvolven nos seus Comités Zonais.

Nestas listas tamén se incluíu a proposta de alumnos integrantes da ESGAR (Escola Galega de Árbitros) composta por un total de 27 persoas ás cales se lles proporá formar parte desta iniciativa pioneira no ámbito da FGB. A mesma estará dirixida polo Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez; e tutelada por Jacobo Rial, árbitro ACB e Licenciado en CC da Actividade Física e o Deporte.

Desta forma, un total de 54 árbitros menores de 23 anos dependerán directamente da planificación da Dirección Técnica do Comité Galega de Árbitros.
Para rematar, o CGAB tamén comunicou a lista de oficiais de mesa de categorías ACB, OURO, LF, PRATA, LF2 e EBA.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka