Deporte Galego

CGAB: Plus galego nas competicións FEB 2015 - 2016

  • 23 Xullo 2015 |

Boas novas no ámbito nacional para o Comité Galego de árbitros. Tras designación oficial da Federación Española de Baloncesto, o CGAB comunica que na temporada 2015 - 2016 contará con tres colexiados dispoñibles para dirixir encontros nas competicións LEB e na Liga Feminina.

Os galegos Adrián Iglesias e Guillermo Ríos adquiren neste ciclo competitivo 2015 – 2016 a súa vinculación ao Grupo 1 FEB, categoría que os habilita para ser designados nas ligas LEB Oro, LEB Prata e Liga Feminina.

Pola súa banda, o seguinte chanzo, o Grupo 2 de colexiados FEB; suma dúas novas incorporacións pertencentes ao CGAB, protagonizadas neste caso por Jaime Álvarez Ossorio e Manuel Seijo. Ambos os dous, en virtude deste ascenso, aptos para participar nos encontros de Liga EBA e Liga Feminina 2.

O Comité Galego de Árbitros fortalece así a súa presenza nas principais competicións nacionais, nas que, tras diferentes temporadas con tan só un membro activo, gaña peso para a actual etapa.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka