Deporte Galego

Sesión Técnica de Excepción con Víctor Más para os colexiados galegos

  • 21 Abril 2015 |
Os oficiais de mesa en reunión de traballo con Alejandro Alcalde
Os oficiais de mesa en reunión de traballo con Alejandro Alcalde

A Fase Final del Liga Feminina 2 conta os seus días para botar a andar e en Lugo, sede desta importante cita para o baloncesto galego, xa se respira en clave de baloncesto. Neste liña, e con este marco de excepción, a primeira das actividades paralelas a ter en conta terá como protagonista aos colexiados galegos.

O Comité Galego de Árbitros, en colaboración directa coa FEB e a súa Área Arbitral, organiza unha sesión técnica da man de Víctor Mas, Instrutor Nacional e membro da Comisión Técnica Mundial de FIBA e Responsable Arbitral FEB.

Coa “Mecánica Arbitral na arbitraxe de dous" como referente, esta cita de Víctor Más cos colexiados galegos está marcada para este mércores, 22 de abril; no Hotel Torre de Núñez, a partir das 20:00 h. A participación será libre, aberta a todos aqueles colexiados ou xogadores, xogadoras e técnicos que desexen escoitar a unha figura tan experimentada como a do Responsable FEB.

Preparando a Fase

O Intercambio de ideas e conceptos entre Víctor Más e os colexiados galegos complementa o traballo previo que o CGAB está a levar a cabo para preparar o seu importante papel ao longo de toda a Fase Final LF2.

Neste caso, e tocando diferentes aspectos deportivos, técnicos e mesmo emocionais, os oficiais de mesa designables para os catro días de competición reuníronse o pasado sábado 18 co Comisario ACB e Técnico CGAB, Alejandro Alcalde. En equipo refrescaron conceptos e solventaron posibles dúbidas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka