Deporte Galego

XII Memorial Miguel Ángel González Estevez, sede para o traballo técnico CGAB

  • 26 Marzo 2015 |

O Comité Galego de Árbitros activa un amplo dispositivo técnico no que aunar formación, competición e convivencia, todo nun especial escenario escollido para este propósito: o XII Memorial Miguel Ángel González Estévez, organizado en Vilagarcía polo C.L.B.

Ao longo das tres xornadas nas que se estende o XII Memorial Miguel Ángel González Estévez (27, 28 e 29 de marzo), un total de 19 colexiados galegos de diferentes niveis e dous árbitros convidados procedentes do Comité Asturiano, serán protagonistas dunha nova “Xornada Técnica CGAB”.

Baixo a tutela de catro técnicos CGAB, os colexiados designados participarán dun compendio de actividades que aglutinan: a dirección dos máis de 70 encontros en xogo no torneo, a posterior análise da súa actuación e o traballo e debates extra en torno a cuestións puntuais.

Apostando de novo por este sistema de concentración, o CGAB suma con este XII Memorial Miguel Ángel González Estevez unha oportunidade máis na que seguir afondando na continua aprendizaxe e reciclaxe dos seus integrantes. Desta volta, ademais, gracias á colaboración do clubes promotores A.D. Cortegada, Liceo e BBC. 

Na lista que achegamos remitimos, segundo a data, as designacións desta Xornada Técnica.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka