Deporte Galego

Cinco colexiados galegos para os Campionatos de España de clubs

  • 23 Febreiro 2015 |

Galicia volve a repetir nesta temporada 2014 – 2015 un posto de honra entre as Federacións Autonómicas que máis colexiados achegan aos Campionatos de España de Clubs.

Enviando a estas competicións un total de cinco colexiados, mesma cifra que Andalucía, e tan só por detrás de Madrid (6), País Vasco (6) e Cataluña (7), o Comité Galego de Árbitros estará representado nesta ocasión por: Manuel Seijo, Jaime Álvarez, Diego Collazo, Rubén Solla e Víctor Mera.

Os cinco árbitros designados polo CGAB terán a oportunidade de participar dos Cursos de Detección de Árbitros que se realizan, con 72 colexiados, en paralelo aos Campionatos de España.

Restando tan só por coñecer para que cita concreta será designado cada un dos representantes galegos, as datas e lugares xa confirmadas para a celebración dos seis Campionatos son as seguintes:

Júnior Masculino (Torrejón de Ardoz, do 3 ao 9 de maio)

Júnior Feminino (Guadalajara, do 10 ao 16 de maio)

Cadete Masculino (Seu de Urgell, do 24 ao 30 de maio)

Cadete Feminino (León, do 24 ao 30 de maio)

Infantil Masculino (Galicia, do 14 ao 20 de xuño)

Infantil Femenino (Galicia, do 14 ao 20 de xuño)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka