Deporte Galego

Traballo e avaliación para os colexiados galegos Sub 23

  • 05 Decembro 2014 |

O grupo de colexiados galegos Sub 23 celebra este sábado, 6 decembro, no marco da Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket unha nova cita da súa axenda anual de Tecnificación.

Supervisados polos responsables zonais CGAB, un total de 12 árbitros están citados en Santiago de Compostela (Pavillón do Restollal) para ser parte da indicada Xuntanza, na que exercerán de xuíces dos encontros amigables que a compoñen. Así mesmo, entre todos, terán a oportunidade de avaliar o seu traballo individual e en conxunto.

Os técnicos Jorge Blanco, Juan Bosco Casal, Jorge Moreno, acompañados polo Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, guiarán os pasos dos convocados durante o devir da xornada.

A referencia dos integrantes do Grupo Sub 23 que participarán nesta Xuntanza de Seleccións Zonais é: Adrián Álvarez, Andrés Esteban, Xurxo García, Paula García, Miguel Giráldez, Anxo Manuel Minguillón, Laura Piñeiro, David Rego, Roberto Rodríguez, Noel Santos, Alejandro Sobrino e Pablo Gil. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka