Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

FGB

As Principais Ligas FGB Sénior botan o peche e proclaman os seus campións 07/05/2012

Básquet Coruña, C.B. Arxil e C.B.A. convertéronse esta fin de semana en auténticos protagonistas no peche das principais ligas sénior FGB.Materializándose por pleno dereito como campións oficiais das mesmas, recolleron ademais as Copas que os levan directamente a engrosar o palmarés das súas competicións: 1º División Masculina, 1º Autonómica Feminina e 2º Sénior Masculina, respectivamente.

Liga e ascenso a EBA para Básquet Coruña


Básquet Coruña completou os seus deberes na última xornada e proclamouse campión da Primeira División Sénior Masculina. O equipo dirixido por Fernando Buendía estaba obrigado a gañar para rubricar a súa primeira posición na clasificación e así o fixo. Con facilidade, e a pesar dos inevitables nervos, venceu á Estrada (77 - 48) e entre a ledicia de todos os integrantes do club celebrou, co asubío final, un campionato que lle outorga, á súa vez, o ascenso a Liga EBA.

O Vicepresidente Segundo da FGB e Delegado en A Coruña, José Manuel Villamarín, transmitiu os seus parabéns a entidade e foi o encargado de entregar a tan agardada Copa ao novo campión. 

Atocha, novo campión para a Segunda División Sénior Masculina

Tamén na cidade de A Coruña e de mans de José Manuel Villamarín, celebrouse este sábado outra boa nova para o baloncesto coruñés. Tras impoñerse no encontro de volta do cruce polo campionato en Segunda División Sénior Masculina ante Seis do Nadal, o C.B Atocha establecíase como líder definitivo desta categoría nesta 2011 - 2012.

De novo as imaxes de satisfacción xa olladas no caso do BCA, reflectíanse en pista agora con outros protagonistas. O capitán de Atocha, trofeo en man, celebraba a victoria cos seus compañeiros. 

C.B. Arxil, líder en feminino

Mudando de escenario, a celebración dos Campionatos trasladouse o domingo ata Pontevedra, localidade na que agardaba recibir o seu trofeo o C.B. Arxil. As pupilas de Milagros Sanmartín, que vivían xornada de descanso, foron premiadas co aplauso da grada na previa o encontro de categoría infantil do seu club e, tras recibir este recoñecemento dos seus afeccionados, tiveron a ocasión de recoller o trofeo oficial de campioas da Primeria División Autonómica Feminina 2011 - 2012. O Delegado en Arousa, José Luis Renda, guiou o acto de entrega.

Villamarín fixo entrega da Copa que dá a BCA o ascenso a liga EBA

Villamarín fixo entrega da Copa que dá a BCA o ascenso a liga EBA

Foto de equipo para os novos campións de Primeira División Masculina

Foto de equipo para os novos campións de Primeira División Masculina

A capitana do Arxil recolleu o trofeo de mans do Delegado en Arousa, José Luis Renda

A capitana do Arxil recolleu o trofeo de mans do Delegado en Arousa, José Luis Renda

Os xogadores do C.B.A., victoriosos

Os xogadores do C.B.A., victoriosos


© Federación Galega de Baloncesto 2007