FGB
A xornada: horarios e datas
02/05/2012
Fin de semana decisiva para as competicións FGB. Coa disputa da última xornada na Primeira División Sénior Masculina, Primeira Autonómica Feminina e Segunda Sénior Masculina, vanse pechando capítulos no camiño cara á conclusión da temporada.
BCA Universidade e Porriño Baloncesto Base acoden ao seus últimos encontros de liga, deixando a interrogante ata os últimos minutos, con opcións ambos de ser os campións da Primeira División Sénior Masculina. A Coruña e Porriño permanecerán este sábado, a partir das 18.00h, ben atentas ao que suceda nas pistas de Riazor e Tui. Esta última vila sede para o encontro, como visitante, de Porriño fronte a C.B. Tui Thermalia.
E buscando tamén decidir quen ostentará o título de Campión, neste caso da Segunda División Sénior Masculina, disputarán
CBA e Seis do Nadal o seu particular enfrontamento definitivo, a volta do seu cruce polo liderato. Na ida, a vitoria sonreiu aos de Atocha cun 60 - 63 que deixa aberta a situación. A resolución: este sábado, ás 18.00h, na Coruña.
Pola súa banda, e con C.B. Arxil como campión xa de xeito matemático, a competición feminina en autonómica despídese da súa Liga Regular. As pontevedresas, que descansan esta última xornada, recibirán o seu trofeo no encontro infantil do seu club. Será o domingo, ás 19.00 h, no Pavillón de Maxisteiro.
Como cada mércores, os datos exactos correspondentes aos indicados encontros, así como os relativos ás restantes ligas FGB, achéganse nos habituais listados de datas e horarios.