Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

FGB

Peche da 1º Fase do "3x3" Premini en Ourense 24/04/2012

A Delegación viviu este sábado, 21 de abril, no Pavillón da Vila de Maceda unha completa xornada cos valores do "3x3" como protagonistas.

As instalacións municipais da localidade de Maceda, en Ourense, acolleron na mañá deste sábado a 3º xornada do "3x3" Premini desta Delegación. A excepción dos equipos colexiais de Carmelitas, todos os convocados acudiron á cita, nunha xornada intensa que se prolongou durante máis de 2 horas.

Pases, driblings, canastras e sobre todo grandes sorrisos e xestos deportivos foron a tónica do evento. Os xogadores e xogadoras máis pequenos gozaron en cada un dos partidos e tiveron tempo, entre xogo e xogo, de facer amigos e agruparse para celebrar partidillos e bombardeos informais tras os que aproveitaron tamén para repor forzas.

Progresión e aprendizaxe
Consultados os responsables e adestradores dos equipos participantes nesta 3º e penúltima xornada do "3x3", todos coincidían en sinalar que a progresión dos seus preminis era evidente desde a primeira vez que se lles viu na pista. Máis desenvoltura, alegría e descaro xogando, as normas totalmente interiorizadas e auténticas ganas de participar. Non en balde, todos recalcaron que lles fixera curta a mañá.

E cómplices da boa marcha que levou esta nova sesión de "3x3" foron o Concello de Maceda e o C.D. Maceda, institucións que envorcaron todos os seus esforzos en servir unha organización impecable. 

A eles, así como aos restantes clubs participantes, adestradores, xogadores e público asistente, a Delegación desexa trasladar o seu agradecemento pola implicación mostrada. Bo exemplo da mesma, a actitude dos pais e nais alí presentes que encheron as bancadas e fixeron posible un ambiente inmellorable, pechado cun sonoro aplauso ao termo da actividade. 

En maio, o fin de festa
Coa xornada deste sábado A Delegación Zonal chega á parte decisiva para o seu pioneiro programa "3x3". O peche definitivo terá lugar no mes de maio, a través dunha sesión final pensada como perfecto fin de festa para a "fórmula 3x3". As sorpresas están aseguradas e, de novo, os máis pequenos serán os auténticos protagonistas. 


© Federación Galega de Baloncesto 2007