
árbitros - formación
Novo curso de iniciación á Arbitraxe na Delegación de Lugo 08/02/2010O Comité de Árbitros da Delegación en Lugo, encabezado polo seu director técnico, David Posada, pon en marcha un nova oportunidade de achegarse ao mundo da arbitraxe e iniciarse nesta área do baloncesto.
A partir do vindeiro 22 de febreiro e ao longo de todo o mes de marzo, estenderase un curso de formación dirixido a todos os interesados en adquirir formación como colexiados.
As materias a tratar neste curso serán as relacionadas con aspectos como as regras de xogo, a mecánica, a psicoloxía ou a labor dos oficiais de mesa. Así mesmo, todas elas serán remarcadas nun exame de repaso destinado a clarificación dos conceptos máis importantes.
A actividade celebrarase en diferentes datas concretas, as cales podes consultar no documento que se achega, sempre en horario de tarde e en diferentes sedes segundo carácter da materia a impartir.
Información en inscricións
Para aproveitar esta interesante proposta formativa, informarse ou, directamente, tramitar a inscrición no mesmo podes dirixirte ao propio Comité Lucense de Árbitros, a través dos seguintes números de teléfono 648208993 ou 676019174.
© Federación Galega de Baloncesto 2007