Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

adestradores

En marcha a 4º semana de adestramentos Adecco Oro 2009/2010 08/02/2010

A Federación Española de Baloncesto, grazas a súa colaboración coa Asociación Española de Entrenadores Baloncesto e os diferentes clubs das Ligas Adecco, pon en marcha a 4º semana de adestramentos Adecco Oro 2009/2010.

Afondando no importante carácter da formación permanente, grazas a esta iniciativa dáse a oportunidade aos técnicos e adestradores doutras categorías e doutros clubs de asistir a adestramentos e partidos concretos da Ligas Adecco Oro.

O Aguas de Sousas será o equipo que abra esta actividade e dea inicio a catro meses de traballo cos equipos Adecco. As datas destinadas ao equipo ourensán comprenderán a semana do 15 ao 21 de febreiro, na que o equipo que dirixe Paco García preparará o seu enfrontamento ante o CB Cornellá.

Pola súa banda, e xa no mes de marzo chegará a quenda do Kics Ciudad de Vigo. Entre os días 22 e 28 de marzo, os adestradores que así o soliciten poderán participar do traballo dos homes de Manuel Povea de cara ao seu encontro ante Cáceres 2016 Básket.

Finalmente, o calendario completo de adestramentos cos diferentes equipos das ligas Adecco porá o seu fin co Leche Río Breogán. Neste caso será no mes de abril, na semana comprendida entre os días 12 e 18. Neste tempo, e co UB La Palma como o rival dos lucenses, todos os que así o soliciten e sexan escollidos para tal fin poderán aprender do traballo e bo facer do equipo de Rubén Domínguez.

Inscrición e validacións
Os  adestradores e adestradoras interesadas en formar parte dalgunha destas semanas de adestramento cos diferentes equipos Adecco Oro, cuxo calendario completo podes consultar aquí, poden poñerse en contacto coa Federación Galega de Baloncesto (competiciones@fegaba.com) indicando a súa petición concreta, os seus datos persoais o seu currículo deportivo e, igualmente, deben axuntar o formulario que aquí se achega.

A participación nesta actividade implicará la obtención de catro horas (por semana) de formación práctica para os alumnos da Escola Galega de Adestradores que estén realizando os cursos de primeiro e segundo nivel da temporada 08/09.

O número de solicitudes recibidas e as limitacións de aforo coas que conte cada club implicarán, nalgúns casos, unha posible selección previa entre todos os que soliciten a súa inscrición.


© Federación Galega de Baloncesto 2007