Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

CGAB

Coñece o traballo do Comité Galego de Árbitros 05/02/2010

A Federación Española de Baloncesto ven de afondar na organización e sistema de traballo levado a cabo na nosa Comunidade polo Comité Galego de Árbitros, un organismo que, cada temporada, convirte á FGB nunha das Federacións con maior número de licenzas.

A través das explicacións precisas do Director Técnico do propio Comité e colexiado ACB, Carlos Cortes, podemos coñecer así,  polo miúdo, o sistema de traballo do CGAB e as innovacións formativas e de seguimento (weebmeting, portal en YouTube) que emprega a día de hoxe.

Así mesmo, o director técnico do CGAB dá conta de importantes novidades de cara ao futuro:a  elaboración dun Curso Online para implementar a  formación dos colexiados e a creación do desenvolvemento do Club do Árbitro Galego.

Para consultar as palabras completas de Carlos Cortés podes acceder aquí.

O webmeeting, unha novidosa ferramenta formativa da que fai uso o CGAB

O webmeeting, unha novidosa ferramenta formativa da que fai uso o CGAB

Un grupo de alumnos nun dos cursos de iniciación que organiza o Comité Galego

Un grupo de alumnos nun dos cursos de iniciación que organiza o Comité Galego


© Federación Galega de Baloncesto 2007