
feb
Configuradas as Fases de Ascenso e Permanencia do Grupo A de Liga EBA 01/02/2010Comunicación FEB/Finalizada a Primeira Fase da competición nos Grupos AA y AB da Liga EBA, os equipos galegos inmersos nesta competición coñecen xa o seu destino nas fases de Ascenso ou Permanencia deste grupo A.
Así, como os cinco primeros clasificados do grupo AA pasan a disputar a Fase de Ascenso o Feve Oviedo (coa mellor marca dos dos subgrupos (17-1)) e os galegos: CB Chantada, Ferrol CB, Marín Peixegalego e Basket Xiría.
Pola súa banda, o quintento chegado do grupo AB estará conformado por Lan Mobel ISB, Ventanas Arsan Estela, Aurteneche Maquinaria, Universidad de Valladolid e Grupo Inec Zamora.
Os dez equipos xogarán a Fase de Ascenso baixo un sistema de liga a dobre volta, cun total de 10 xornadas, comezando cada equipo cos resultados obtidos nos encontros xogados entre eles na Primeira Fase.
Tras esta liga, os combinados que finalicen entre os postos 1º e 6º clasificaranse directamente para a Fase de Ascenso a Adecco Prata que terá lugar no vindeiro mes de maio.
Fase de Permanencia
No capítulo da permanencia estarán implicados: Establecimientos Otero, Ourense Capital Termal, Óptica Val Obradoiro, Deportes Ferrer Santa María, Estudiantes de Lugo, Pas Piélagos, Universidad de Burgos, Universidad de Oviedo e CD Juventud del Círculo.
Esta fase disputarase tamén por sistema de liga a dobre volta (10 xornadas) e iniciando cada equipo cos resultados rexistrados nos encontros xogados entre eles na primeira fase.
Neste caso, descenderán á Primeira División Masculina correspondente os dos últimos clasificados da Fase de Permanencia, a cal celebrará dentro de 12 días a súa primeira xornada.
1º Xornada
Os enfrontamentos establecidos para a primeira xornada de cada unha destas fases son os seguintes.
LIGA EBA - GRUPO A - FASE DE ASCENSO (1ª JORNADA)
FEVE Oviedo Baloncesto - Grupo INEC Zamora 13/02/2010 19.00 h
C.B. Chantada - Ventanas Arsan Estela 13/02/2010 18. 30 h
Ferrol C.B. - Universidad De Valladolid 13/02/2010 20.30 h
Marin Peixegalego - Aurteneche Maquinaria 13/02/2010 19.30 h
Basket Xiria - LAN Mobel ISB 13/02/2010 19. 00 h
LIGA EBA - GRUPO A - FASE DE PERMANENCIA (1ª JORNADA)
Establecimientos Otero - Pas Piélagos 13/02/2010 18.30 h
Óptica Val Obradoiro - Universidad De Burgos 13/02/2010 20.15 h
Universidad De Oviedo - Deportes Ferrer Santa María 13/02/2010 19.30 h
Estudiantes de Lugo - CD Juventud Del Círculo 14/02/2010 17.00 h
© Federación Galega de Baloncesto 2007