
grupo norte
Aberto o prazo para a solicitude de organización dos Interautonómicos Cadete Masculino e Infantil Feminino 01/02/2010A Federación Galega de Baloncesto, encargada este ano da celebración das Fases Interautonómicas das categorías infantil feminina e cadete masculina no seu Grupo Norte, abre no día de hoxe, 1 de febreiro de 2010, o prazo para a presentación de solicitudes de cara á organización destas competicións.
Para consultar os requisitos que permitan levar a cabo o proceso de solicitude de xeito correcto, así como para coñecer as condicións do mesmo, pode consultarse as circulares nº 12 e nº 13 da presente temporada, as cales se achegan con esta nova.
© Federación Galega de Baloncesto 2007