Deporte Galego

Viaxa a Minneapolis coa Asociación Española de Adestradores de Baloncesto

  • 06 Febreiro 2012 |

A Asociación Española de Adestradores de Baloncesto organiza un ano máis a súa viaxe aos Estados Unidos, que neste 2012 cumpre a súa vixésima edición.


O itinerario que inclúe a proposta deste ano recolle visitas a adestramentos e reunións profesionais cos cadros técnicos dos Minnesota Timberwolves e dos Angeles Lakers e a asistencia a tres partidos NBA: Minnesota Timberwolves vs Los Angeles Clippers (5 de marzo), Minnesota Timberwolves vs Portland Trail Blazers (7 de marzo) e Minnesota Timberwolves vs Los Angeles Lakers (9 de marzo).

Xunto con todo iso, igualmente poderase gozar, segundo axenda, dalgún adestramento da University of Minnesota Golden Ghopers (NCAA-Big Ten)e dun High School.

Esta viaxe representa xa unha tradición para a AEEB e todo o núcleo de adestradores que tomaron e tomarán parte do mesmo. O prezo final é de 1.970 euros para socios AEEB, ACEB e AMEBA e de 2.070 para o resto.

Todos aqueles interesados en acudir ou solicitar máis información, non dubiden en porse en contacto a AEEB a través das seguintes vías:

http://www.aeeb.es/

Mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Teléfono: 915753565

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka