Deporte Galego

C.B. Breogán e Pepe Rodríguez, protagonistas da "VI Semana de Adestramentos Adecco Oro"

  • 13 Febreiro 2012 |

O equipo lucense ofrece aos adestradores galegos a posibilidade de participar do seu día a día semanal, previo a unha fin de semana de competición. A ocasión, englobada dentro do programa da AEEB "VI Semana de Adestramentos Adecco Ouro": será a da próxima semana, entre o 20 e o 26 de febreiro.

Os interesados en participar desta iniciativa poden enviar a súa solicitude de inscrición a través da FGB antes de este xoves, 16 de febreiro.

Por sexto ano consecutivo a AEEB, en colaboración con FEB e FGB, trae a Galicia a súa "Semana de Adestramentos ADECCO Ouro", neste caso co C.B. Breogán como centro de atención.

Grazas a este programa formativo, o cadro de xogadores a cargo de Pepe Rodríguez compartirá a súa mecánica semanal de traballo. En concreto, a que atinxe á preparación completa do seu enfrontamento do vindeiro día 25 de febreiro ante Grupo Iruña Navarra (25/02/12 - 19.15 h).

Os lucenses abrirán as portas do seu día a día entre o 20 e o 26 de febreiro a todos aqueles adestradores que o soliciten de xeito oficial e que desexen aproveitar todas as vantaxes de ser partícipes dunha experiencia destas características.

Para facelo, os interesados dispoñen ata este mesmo xoves, 16 de febreiro, como prazo para tramitar a inscrición. E deberán proceder a través da propia Federación Galega (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) enviando o formulario que aquí se achega.

Como é habitual, a Asociación Española de Adestradores de Baloncesto outorgará aos participantes nesta VI semana un certificado oficial de asistencia. O mesmo poderase convalidar por horas de prácticas para a obtención do título de Adestrador Superior, así como para os Cursos de I e II nivel da Federación Galega de Baloncesto (20 horas nestes dous últimos casos).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka