Deporte Galego

Paco García, Luis Casimiro e Luis Guil, en Lugo co "VIII Clínic Lugo é Basket - Hierros Ferreiro"

  • 14 Febreiro 2012 |

Un ano máis, a Federación Galega de Baloncesto presta a súa colaboración á Asociación Xuvenil Sagrado Corazón para a organización do seu tradicional Clinic "Lugo é Basket - Hierros Ferreiro". Este ano, na que suma a VIII edición desta cita, Luis Casimiro, Luis Guil e Paco García formarán o corpus de adestradores da actividade.

Os tres técnicos, auténticos profesionais ACB, darán vida a un Clínic que oferta a posibilidade de convalidar a participación no mesmo por un total de 7 horas de formación continua para os alumnos dos Cursos de Adestradores Nivel 1 e 2 da FGB.

Por oitavo ano consecutivo, a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebra en terras lucenses o seu tradicional Campus "Lugo é Basket", dirixido principalmente a adestradores e ofrecendo un cartel de relatores de referencia nacional. Contando co apoio da Federación Galega de Baloncesto, entre outras institucións, esta edición terá lugar os próximos 20 e 21 deste mesmo mes, co Pazo Provincial dos Deportes (Lugo) como sede.

Alí daranse cita os protagonistas do cartel deste ano: Paco García, Luis Guil e Luis Casimiro. Os tres configuran un programa que presenta como temas centrais: o ataque á zona, da man de Paco García; exercicios para adestrar o ritmo, con Luis Casimiro; e o contraataque (chegar xogando) e exercicios para a defensa, a cargo de Luís Casimiro.

Así mesmo, os tres intercambiarán as súas impresións nunha mesa redonda que servirá como peche de luxo para o clinic. Será a partir das 19.00 h do martes 21, momento no que concentrar todas as inquietudes e preguntas xeradas ao longo das dúas xornadas.

Participación
A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón mantén aberto a día de hoxe o prazo de inscrición para esta VIII edición de "Lugo é Basket". Como cada ano, propón dúas vías para a mesma: unicamente para o asistencia ao Clínic (40 euros) ou incluíndo tamén aloxamento e cea - xantar (70 euros). Os detalles concretos de cada unha destas dúas opcións, así como a documentación completa para levar a cabo o proceso de inscrición, atópanse a disposición de todos nos documentos que se achegan con esta información.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka