Deporte Galego

Aberta a convocatoria dos cursos de adestradores de Nivel I e Nivel II

  • 22 Febreiro 2012 |

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores, abre no día de hoxe a convocatoria que atinxe aos seus Cursos de formación de Adestradores 2012 nos niveis I e II.

Chanzo imprescindible na traxectoria dos adestradores que desexan ampliar as súas capacidades nesta área, os Cursos de Nivel I e II da FGB póñense en marcha neste 2012 coa habitual carga lectiva, distribuída en dúas fases: non presencial e in situ.

Maio será o mes de saída para ambos os Cursos, sendo o día 2 deste mes a data escollida para dar o pistoletazo de saída á fase non presencial, traballando previamente en todos aqueles conceptos que collerán forza no mes de xuño, co inicio da fase presencial.

Entre o 25 de xuño e o 1 de xullo no caso do nivel II, e entre o 27 de xuño e o 1 de xullo no nivel I, concentraranse en Santiago de Compostela o total dos alumnos inscritos nesta temporada. Alí, e comandados polo director dos cursos, Yago Casal Mera; e un solvente cadro de profesores, recibirán unha completa e intensa formación.

Esta nova temporada chega precedida dunha satisfactoria colleita na edición do pasado ano 2011. Un récord de participación no nivel I (49 alumnos) e un total de 30 persoas que deron vida á formación no nivel II, son o mellor dos exemplos de que paga a pena aproveitar unha oportunidade como esta. Así mesmo, o debate, o intercambio de experiencias e coñecementos e a enriquecedora convivencia que emana dunha actividade deste tipo, non deixa a ninguén indiferente

Documentación e Información
Nos documentos que se achegan atópanse todos os requisitos e esixencias a ter en conta á hora de decidirse e tramitar a inscrición nos Cursos. É importante a consulta dos mesmos para non perder detalle das características que configuran esta etapa formativa. Así mesmo, xunto a eles, están xa dispoñibles os formularios de inscrición para cada nivel. Todo este bloque de documentación queda á súa vez aloxado no apartado FORMACIÓN desta web.

Para consultar calquera dúbida que xurda en relación a este proceso, existen dúas direccións de correo ás que dirixirxe: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka