Deporte Galego

Arrinca a “Semana de Adestramentos AEEB” con Obradoiro CAB e Moncho Fernández

  • 27 Xaneiro 2014 |

A xornada deste luns 27 dá inicio á “Semana de Adestramentos ACB” con Moncho Fernández, unha iniciativa que, grazas á Asociación Española de Adestradores de Baloncesto (AEEB) e Obradoiro CAB, permite que 19 adestradores galegos formen parte durante toda esta semana (do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro) da dinámica de traballo técnico do equipo santiagués.

Os 19 adestradores que solicitaron a súa participación coñecerán en primeira persoa os actuais enfoques de adestramento ACB e intercambiarán as súas propias experiencias deportivas cun cadro técnico do Obradoiro coa mente posta en preparar o enfrontamento deste domingo, 2 de febreiro, ante C.B. Canarias no Multiusos Fontes do Sar.

Ao cese da experiencia in situ, a actividade formativa enriquecerase coas achegas de cada participante, materializadas estas a través da redacción e entrega dun informe persoal configurado como resumo do vivido.

Finalmente, un certificado de asistencia que recibirá cada alumno poñerá o broche a esta semana tan especial, e outorgará o dereito a validar a presenza na mesma por un total de 20 HORAS de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka