Deporte Galego

Cursos de Nivel I e Nivel II: alumnos admitidos

  • 04 Maio 2012 |

A Área de Adestradores da FGB comunica de xeito oficial no día de hoxe as listas de alumnos admitidos para formar parte dos Cursos de Nivel I e Nivel II desta temporada 2011 - 2012.

Unha cifra récord de 50 inscritos para o Nivel I e un total de 20 para o Nivel II configuran este ano o bloque de adestradores que avanzarán un paso máis na súa formación.E comezarán a facelo a partir deste mesmo mes de maio, coa fase non presencial.

Posteriormente, e tras unha etapa na que se consolidarán os alicerces das materias e do profesorado, os alumnos afrontarán en Santiago de Compostela (instalacións do Colexio Cluny) a quenda presencial: entre o 25 de xuño e o 1 de xullo para o nivel II e entre o 27 de xuño e o 1 de xullo no caso do primeiro nivel.

A dirección de ambos os cursos trasladar toda a información relativa aos mesmos (horarios, cadro de profesores, etc) conforme avancen as datas. A comunicación entre alumnos, director do curso e profesores será fluída. De feito, mantéñense activos os enderezos Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. para posibles cuestións ou dúbidas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka