Deporte Galego

A Formación en Iniciación para Adestradores, activa en decembro

  • 05 Novembro 2013 |

As delegacións FGB en A Coruña e Ourense estrean nesta 2013 – 2014 o capítulo da formación en iniciación orientada a novos adestradores e adestradoras.

Co mes de decembro como o escollido para levar a cabo estas dúas primeiras convocatorias didácticas, as Delegacións de A Coruña e Ourense, a través dos seus responsables deportivos e colaboradores técnicos, serán as encargadas de materializar as 35 horas de carácter presencial que se esixen neste nivel.

Delegación en Ourense
A Delegación en Ourense repartirá este tempo lectivo entre os días 21,22,23 e 28 de decembro, establecendo o día 13 dese mesmo mes como a data tope para tramitar a inscrición no Curso.

Delegación A Coruña
Pola súa banda, a convocatoria coruñesa está programada para levarse a cabo as xornadas do 20,21,22 e 23 de decembro. Abrindo tamén, ata mediados do mes de decembro, a posibilidade de inscribirse.

Normativa e Requisitos
Os detalles que determinan a programación de ambos os cursos agrúpanse no documento oficial que se achega. Así mesmo, todos aqueles interesados en acometer o seu proceso de inscrición nunha ou noutra localización non deben perder de vista os seguintes requisitos básicos:

- Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso.
- Abonar a cota de preinscrición (200 euros), que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Para unha información ao detalle (sede do cursos, plan horario e materias), o departamento de adestradores atenderá as consultas concretas a través de cada delegación implicada:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka