Deporte Galego

FGB e Obradoiro CAB activan a "Aula Formativa do Adestrador Galego"

  • 19 Octubre 2012 |

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB poñen en marcha neste mes de outubro a "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto". Ambas entidades suman obxectivos e esforzos para dar saída a esta novidosa iniciativa, que abrirá o seu camiño o vindeiro domingo, 28 de outubro; co técnico do propio club santiagués, Moncho Fernández; como protagonista.

A entidade federativa e o equipo da capital galega inauguran esta proposta, de carácter práctico e orientada aos adestradores galegos de calquera idade, coa intención de achegar unha plataforma de formación continua e debate para os técnicos da nosa terra.

Moncho Fernández será a referencia da primeira acción que se levará acabo neste marco. O técnico de Compostela será o condutor dunha charla baixo o título "Construcción da Defensa de Pick and Roll. Metodoloxía". A súa sobrada experiencia nos banquillos e o seu amplo coñecemento do xogo configuran a base perfecta para dar forma á súa intervención, que non dubidamos que rendabilizarán todos os presentes.

A cita en cuestión está programada para as 12.00 h do vindeiro domingo, 28 de outubro; sendo o Pavillón de Pontepedriña a localización escollida para tal fin. O proceso de inscrición, por suposto, está xa aberto.

Inscrición
A participación nesta primeira charla da "Aula Formativa" pode solicitarse, completamente de balde, a través da Área de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto. Así, os interesados en inscribirse poden enviar os seus datos persoais ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

A súa presenza, no caso de formar parte na actualidade dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II, poderá ser validada por 3 horas de formación práctica.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka