Deporte Galego

A Área de Adestradores activa os Cursos de Iniciación 2012 - 2013

  • 24 Octubre 2012 |

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área de Adestradores, activa a convocatoria dos seus cursos de iniciación 2012 - 2013, articulando unha estrutura formativa que irá crecendo ao longo da temporada.

As delegacións zonais FGB serán as encargadas de canalizar en grande parte este proceso que contará, en cada caso, con 35 horas de carácter presencial e determinadas esixencias non presenciais.

Os detalles que determinarán cada convocatoria agrúpanse no documento oficial que aquí se achega. Así mesmo, todos aqueles interesados en acometer este proceso non deben perder de vista os seguintes requisitos básicos:

Sede
Localidades sede das Delegacións Zonais, sempre que haxa un mínimo de 15 preinscricións en cada zona.

Datas
As datas concretas de cada curso faranse públicas, en cada caso, a través das Delegacións correspondentes e desta propia páxina web.

Requisitos
1. Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso.
2. Realizar a preinscrición previa á celebración do curso na delegación zonal correspondente.
3. Pago da cota de preinscrición, que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Cota
200 euros. Abono por transferencia bancaria á conta 2100 -1455 -14 - 0200227406. Indicando: nome persoal completo e nivel do curso.

Incidir en que esta formación de iniciación ten carácter federativo, aínda que se levarán a cabo os trámites pertinentes para obter a súa aprobación administrativa e ter a posibilidade de validala como parte do Curso Inicial do Grao Medio.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka