Deporte Galego

"Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto"

  • 26 Octubre 2012 |

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB presentaron oficialmente este venres a "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto", iniciativa común que ambas entidades emprenden neste mes de outubro e que funcionará como plataforma formativa para os adestradores galegos.

Nesta comparecencia, tamén estivo presente Moncho Fernández, adestrador do Blusens Monbus, que será o encargado de inaugurar este "Aula" o domingo, 28 de octubre, a partir de las 12.00 horas no Pavillón de Pontepedriña (Santiago).

Da man de Carlos Colinas, Responsable da Área Deportiva da FGB; e José Luis Mateo, Director Xeral do club compostelán, déronse a coñecer os detalles desta "Aula formativa", acción que se canalizará a través de diferentes charlas impartidas por adestradores da elite do noso baloncesto.

O representante da parcela deportiva da FGB subliñou a necesidade de que "o entrenador que traballa en Galicia teña a formación continua e as actividades suficientes para ir modelando a súa carreira". Razón de máis para poñer en marcha unha proxecto destas características.

Colinas indicou que pola "Aula formativa do Adestrador Galego" pasarán os mellores adestradores galegos do momento e farano " tanto en Santiago como no seu radio de acción máis próximo, así como na provincia de Coruña e na provincia de Pontevedra".

Trátase dun programa que a FGB pon en marcha en primeira instancia co Obradoiro CAB, "actual referente e emblema do baloncesto en Galicia". Pero, no compromiso da entidade federativa está o "estender este acordo a clubs de outras categorías do baloncesto masculino e feminino en Galicia".

Un "privilexio"
Pola súa banda, José Luis Mateo manifestou o compromiso do club santiagués para cos técnicos galegos, traballando e ideando proxectos coa intención de axudar a "formar aos mellores adestradores posibles".

Nesta liña salientou a total colaboración de Obradoiro CAB coa FGB e recoñeceu que a "Aula Formativa do Adestrador Galego" é todo un "privilexio" para os adestradores galegos que están a crecer como tal hoxe en día.

Mocho Fernández, este domingo na estrea da "Aula"
Moncho Fernández será a referencia da primeira acción que se levará acabo neste marco. O técnico de Compostela será o condutor dunha charla baixo o título "Construcción da Defensa de Pick and Roll. Metodoloxía". A súa sobrada experiencia nos banquillos e o seu amplo coñecemento do xogo configuran a base perfecta para dar forma á súa intervención, que non dubidamos que rendabilizarán todos os presentes.

A cita en cuestión está programada para este domingo 28, as 12.00 h, sendo o Pavillón de Pontepedriña a localización escollida para tal fin.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka