Deporte Galego

Gonzalo Rodríguez, segundo ponente da “Aula Formativa do Adestrador Galego”

  • 13 Novembro 2012 |

- O técnico axudante do Blusens Monbus será o protagonista desta segunda charla, a celebrar na localidade de Laracha, e para a cal xa está aberto o prazo de inscrición.

Gonzalo Rodríguez Palmeiro, adestrador axudante do Blusens Monbus, será o encargado de impartir o segundo curso de formación dentro do ciclo "Aula Formativa do Adestrador Galego", actividade que se celebrará o vindeiro domingo, 25 de novembro, ás 18.00 horas, no Pavillón Municipal de Laracha.

Coa "Técnica Individual: detalles de ataque e defensa" como centro temático, o técnico do equipo da capital galega será o segundo relator destes cursos de formación organizados polo Obradoiro C.A.B. en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto.

A sesión impartirase o vindeiro domingo, 25 de novembro, ás 18.00 h, no salón de actos do Pavillón Municipal da Laracha, situado na estrada cemiterio novo s/n. O acceso á mesma é libre e unicamente será necesario comunicar a asistencia enviando un correo electrónico á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando no asunto o nome do curso seguido do nome do asistente e email.

Remarcar que a presenza nesta actividade poderá validarse por tres horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dous Cursos de Adestradores de Nivel I e II.

Agradecer ao Concello de Laracha a súa inestimable colaboración nestas xornadas formativas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka