Deporte Galego

Última data para inscribirse na segunda convocatoria da "Aula Formativa do Adestrador Galego"

  • 22 Novembro 2012 |

- O técnico axudante do Blusens Monbus, Gonzalo Rodríguez; será o protagonista desta segunda charla, a celebrar este domingo na localidade de Laracha.
- Os interesados en inscribirse na mesma poden facelo ata as 20.00 h da xornada de mañá, venres 23.

Gonzalo Rodríguez Palmeiro, adestrador axudante do Blusens Monbus, será o encargado de impartir o segundo curso de formación dentro do ciclo "Aula Formativa do Adestrador Galego", actividade que se celebrará este domingo, 25 de novembro, ás 18.00 horas, no Pavillón Municipal de Laracha.

Coa "Técnica Individual: detalles de ataque e defensa" como centro temático, o técnico do equipo da capital galega será o segundo relator destes cursos de formación organizados polo Obradoiro C.A.B. en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto.

A sesión impartirase ás 18.00 h, no salón de actos do Pavillón Municipal da Laracha, situado na estrada cemiterio novo s/n. O acceso á mesma é libre e unicamente é necesario comunicar a asistencia enviando, antes das 20.00 h deste venres 23, un correo electrónico á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando no asunto o nome do curso seguido do nome do asistente e email.

Remarcar que a presenza nesta actividade poderá validarse por tres horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dous Cursos de Adestradores de Nivel I e II.

Agradecer ao Concello de Laracha a súa inestimable colaboración nestas xornadas formativas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka