Deporte Galego

Gonzalo Rodríguez articula a segunda xornada da "Aula formativa do Adestrador Galego"

  • 26 Novembro 2012 |

A "Aula Formativa de Adestrador Galego" sumou este domingo en Laracha a segunda das xornadas que dende Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto se están a ofrecer aos adestradores da Comunidade como ferramenta de formación continua.

Coa presenza nesta ocasión do adestrador axudante do Blusens Monbus, Gonzalo Rodríguez, cumpríronse as mellores expectativas. 
O técnico compostelán compartiu cun total de 20 participantes as súas experiencias e coñecemento en torno a Técnica Individual e os seus detalles nos apartados de ataque e defensa. A súa foi unha intervención que captou dende o minuto cero a atención e o interese de todos os presentes no Pavillón Municipal de Laracha. A bagaxe recollida na súa carreira polo técnico da capital galega enriqueceu unha charla xa de por si repleta de alicientes, tanto teóricos como prácticos.

Futuras convocatorias
Gonzalo foi o protagonista da segunda cita dun proxecto didáctico que se estreou de xeito satisfactorio o pasado mes de outubro da man de Moncho Fernández. Ambos os adestradores galegos iniciaron un programa de actividades que non se pecha aquí. Coa vista posta xa no mes de decembro, dende o propio Obradoiro CAB e a área de adestradores da FGB trabállase na convocatoria dunha nova xornada, contando, unha vez máis, cun técnico de referencia como eixo central.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka