Deporte Galego

A Escola Galega de Adestradores intensifica a programación dos Cursos de Iniciación

  • 27 Novembro 2012 |

- Co mes de decembro como referencia para a posta en marcha das primeiras convocatorias, a FGB activa formalmente o prazo de inscrición en tres das súas sete delegacións: Santiago, Vigo e Arousa.

- As restantes delegacións traballan co obxectivo no vindeiro ano 2013, valorando diferentes datas para a realización dos cursos. A máis próxima, A Coruña coa época de Entroido reservada para tal fin.

Aberta a inscrición para os primeiros cursos de iniciación da temporada 2012 - 2013. As Delegacións de Santiago, Vigo e Arousa son as zonais FGB que inauguran o programa formativo. E farano no mes decembro, pechando o 2012 con clases.

Marcados no calendario como posibles días das aulas o 22 e 23 de decembro, así como a semana do 26 ao 30 deste mesmo mes, a data límite para tramitar a inscrición queda fixada para o vindeiro 12 de decembro.

Formalizar inscrición
Os interesados en recoller toda a información relativa ás posibilidades de inscrición poden consultar o documento oficial de convocatoria para este nivel. Igualmente, dispoñen das vías de contacto con cada delegación implicada que os informará puntualmente de todos os detalles.

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (981 585 040)
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (986 228 362)
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (986 500 481)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka