Deporte Galego

VII Semana de Adestramentos Adecco Ouro

  • 15 Xaneiro 2013 |

A FEB conta para este programa formativo coa colaboración da Asociación Española de Adestradores de Baloncesto, así como das distintas Federacións Autonómicas, entre elas, por suposto, a FGB.

Chega unha temporada máis a "Semana de Adestramentos Adecco Ouro", actividade de formación continua orientada a adestradores e promovida, ao longo xa de sete edicións, pola Federación Española de Baloncesto.

Nesta temporada 2012 - 2013 renóvase pois a posibilidade de compartir unha semana completa de traballo e adestramentos cun equipo da máxima competición do Baloncesto FEB (Adecco Ouro). Coñecer a súa dinámica no día a día, e poder intercambiar opinións cos técnicos de primeiro nivel do noso baloncesto configúrase como unha oportunidade de ouro.

En territorio galego serán tres as citas con esta experiencia formativa, visitando Ourense, A Coruña e Lugo, por esta mesma orde. A primeira destas convocatorias terá lugar na cidade das Burgas na semana do 18 ao 24 de febreiro co Club Ourense Baloncesto; Posteriormente virán Básquet Coruña (do 4 ao 10 de marzo) e C.B. Breogan do 11 ao 17 dese mesmo mes.

Todos os adestradores interesados en tomar parte dalgunha destas tres propostas poden inscribirse a través da propia Federación Galega de Baloncesto (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) facendo chegar a seguinte información:

- Datos persoais (nome, dirección e teléfono de contacto)
- Historial deportivo detallado (CV)
- Club e datas do programa nas que lle gustaría participar.

Ao finalizar a experiencia elaborarase un traballo conxunto do grupo de participantes en cada semana de obrigada entrega
e como resumo de toda a actividade. Tras o mesmo, os inscritos recibirán un certificado de asistencia (20 h), válido para obter a acreditación das horas de prácticas requeridas para as titulacións expededidas pola Federación Española de Baloncesto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka