Deporte Galego

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" retoma a actividade

  • 15 Xaneiro 2013 |

- O Pavillón do Pombal, en Cambados, será testemuña da cuarta convocatoria da "Aula Formativa do Adestrador Galego", consolidando este programa formativo dinamizado pola Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB e no que levan participado xa máis de cen adestradores.

- Os protagonistas e encargados de dar contido a esta nova charla son os técnicos galegos Manuel Felpeto e Rubén Domínguez

Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto retoman neste novo ano 2013 o pulso do seu proxecto común: a "Aula Formativa do Adestrador Galego". Ambas as institucións activan a cuarta charla dentro deste marco, a celebrar o vindeiro 27 de xaneiro en Cambados.

Nesta ocasión os técnicos galegos Manuel Felpeto e Rubén Domínguez compartirán cos asistentes as súas experiencias en torno a dúas temáticas sempre de interese: o "scouting aplicado ao adestramento" e as "claves para dirixir un grupo", respectivamente.

Programa horario e Inscrición
A sesión impartirase a partir das 17.00h do indicado 27 de xaneiro. Felpeto será quen a inaugure, dando paso, ás 18.30 h, á quenda de Rubén Domínguez, coas claves para comandar un equipo.

Como en todo o ciclo de charlas propostas ata o momento por Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto, a participación é totalmente aberta e de balde, unicamente precisando que os interesados envíen os seus datos persoais a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

A presenza nesta actividade poderá validarse por cinco horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka