Deporte Galego

Este domingo, nova cita en Cambados para a "Aula Formativa do Adestrador Galego"

  • 21 Xaneiro 2013 |

- O Pavillón do Pombal, en Cambados, será testemuña este domingo 27 da cuarta convocatoria da "Aula Formativa do Adestrador Galego". Os protagonistas e encargados de dar contido a esta nova charla son os técnicos galegos Manuel Felpeto e Rubén Domínguez.

- A presenza nesta actividade poderá validarse por cinco horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.

Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto retoman neste novo ano 2013 o pulso do seu proxecto común: a "Aula Formativa do Adestrador Galego". Ambas as institucións activan a cuarta charla dentro deste marco, a celebrar este domingo, 27 de xaneiro, en Cambados.

Nesta ocasión os técnicos galegos Manuel Felpeto e Rubén Domínguez compartirán cos asistentes as súas experiencias en torno a dúas temáticas sempre de interese: o "scouting aplicado ao adestramento" e as "claves para dirixir un grupo", respectivamente.

Inscrición
A sesión impartirase a partir das 17.00h deste mesmo domingo, 27 de xaneiro. Felpeto será quen a inaugure, dando paso, ás 18.30 h, á quenda de Rubén Domínguez, coas claves para comandar un equipo.

Como en todo o ciclo de charlas propostas ata o momento por Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto, a participación é totalmente aberta e de balde, unicamente precisando que os interesados envíen os seus datos persoais a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka