Deporte Galego

Convocado o Curso Superior 2013

  • 30 Xaneiro 2013 |

Xa está aberto o prazo de inscripción para o Curso de Adestrador Superior 2013, que na súa Fase Presencial (do 13 ao 28 de xullo) celebrarase en Tenerife, nas instalacións da Universidade de San Cristóbal de La Laguna.

(FEB) A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Canaria de Baloncesto, convoca o XXXVII Curso de Adestrador Superior, un curso con carácter federativo, de ámbito nacional, cunha carga lectiva total de 750 horas, 350 de carácter presencial.

O curso consta de catro fases ou períodos que transcorren entre o 8 de abril de 2013 e o 31 de maio de 2014.

Fase a distancia: que se realiza por medio dun aula virtual on-line, correo electrónico e vía telefónica. Iníciase o 8 de abril e finaliza o 9 de xullo.

Fase presencial: realízase na cidade de San Cristóbal da la Laguna (Tenerife) entre os días 13 e 28 de xullo de 2013, en horario de 9 a 14 horas, de 17 a 21 horas. Nas instalacións da Universidade da Lagoa.

Fase de proxecto final: iníciase o 1 de agosto de 2013, finalizando o 28 de febreiro de 2014.

Fase de prácticas: finalizará o 31 de maio de 2014. Debendo realizarse nun centro de prácticas

Todas as preinscripcións deberán ter entrada na FEB a través das Federacións Autonómicas (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), como último día, o 4 de abril de 2013.

Toda a información respecto desta nova edición do Curso Superior, así como o formulario de preinscripción no mesmo, poden consultarse nos documentos que se achegan.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka