Deporte Galego

O CAD Manuel Peleteiro FGB cita aos adestradores galegos

  • 11 Maio 2021 |

O CAD Manuel Peleteiro - FGB abre as súas portas na súa xornada de clausura. Este domingo, 16 de maio, o Ciclo formativo que organizan a Federación Galega de Baloncesto e a entidade educativa compostelá pecha o seu curso 2020 – 20201 cun nutrido grupo de actividades que, na súa franxa de tarde, quere abrir a todos os adestradores autonómicos e facelo de xeito presencial.

Nesta liña, presenta un “Work Out Individual en pista” da man dos técnicos galegos Diego Ocampo e Pepe Vázquez coa “mellora dos recursos dun xogador” como eixo temático, e baixo a coordinación doutro adestrador galego, colaborador ademáis habitual da FGB, Rubén Vázquez.

Esta cita celebrarase en Compostela (sede do propio Colexio Manuel Peleteiro) na tarde do domingo entre as 16.00 e 18.30 h e configúrase como unha das actividades de formación complementaria da área deportiva FGB, supoñendo a participación na mesma a consecución dun total de 8 horas didácticas para os alumnos dos cursos de adestradores federativos.

A inscrición neste “Work Out Individual en pista” poderá realizarse desde as 14.00 h deste martes, 11 de maio; e ata que se cubran as prazas dispoñibles, as cales, cumprindo coas medidas sanitarias e as limitacións de aforo correspondentes, ascenden a un total de 35 persoas.
Para solicitar a participación, os interesados e interesadas deben remitir un email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando nome, apelidos, club e nome da actividade.

Facer fincapé en que a actividade contará co protocolo sanitario preciso para garantir na maior medida posible a seguridade sanitaria de todos os presentes.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence