Deporte Galego

O CAD Manuel Pelteiro - FGB consolídase cunha nova temporada de aprendizaxe

  • 12 Setembro 2020 |

40 alumnos, forzas renovadas e profesorado de calidade para unha nova temporada formativa no Centro de Actividades Deportivas(CAD) Manuel Peleteiro – FGB. O Curso 2020 - 2021 para este proxecto formativo conxunto da Federación Galega de Baloncesto e o Colexio Manuel Peleteiro, nado en 2018; arrinca este domingo, 13 de setembro; e faino de xeito presencial entre rigurosas medidas de control sanitario e respectando os protocolos precisos.

Nesta estrea do CAD 2020 – 2021 o total de 40 alumnos matriculados, 21 en Ciclo Inicial e 19 para Ciclo Final; reuniranse nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro e tomarán parte dunha charla técnica inaugural de referencia, impartida por Miguel Ángel Ortega. O adestrador compartirán con eles e elas as súas sensacións en torno a unha temática que os une a todos: o percorrido vital dun adestrador.

Este pistoletazo de saída abrirá as portas dun renovado CAD que se adapta aos tempos e que realizará un 60 por cento da súa carga lectiva de xeito presencial, e a restante nun formato online sempre aberto a cambios e ás necesidades da situación tanto sanitaria como deportiva. En calquera circunstancia, non faltarán ademáis os seus obradoiros específicos, seminarios exclusivos e visitas de profesionais de alto nivel para traballar co alumnado. 

E para levar a cabo esta estrutura o CAD segue contando co aval cualitativo do seu bloque de profesores, tanto a nivel xeral como específico. Así, na parte estritamente deportiva, mantén o grupo de docentes FGB das pasadas edicións e cuxa calidade noméase por si mesma: Cristino Menor, Rubén Domínguez, Chete Pazo, César Iglesias, Rubén Vázquez, Fernán Varela e o propio Director Deportivo FGB, Carlos Colinas.

Os sete técnicos galegos acompañarán aos novos alumnos no seu crecemento como adestradores dende que se suba o pano este domingo ata final de temporada, e sempre en permanente contacto. Benvidos todos a un novo curso!

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka