Deporte Galego

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" viaxa a Pontevedra con Antonio Pérez

  • 07 Febreiro 2013 |

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB achegan a Pontevedra o seu programa didáctico "Aula Formativa do Adestrador Galego". Da man do técnico galego Antonio Pérez, ambas as entidades promoven unha nova charla téorico - práctica orientada a adestradores de todas as categorías e que terá lugar o vindeiro domingo, 17 de febreiro.

O Pavillón da Xunqueira será a sede desta actividade na que Antonio Pérez compartirá cos presentes a súa experiencia en torno á "Metodoloxía en Construción Ofensiva dun Equipo en Formación". A súa intervención dará comezo ás 11.30 h, sendo posible grazas á desinteresada colaboración do Club Estudiantes de Pontevedra.

Participación
A Aula Formativa do Adestrador Galego ofrece todas as facilidades posibles para tramitar a inscrición nas súas charlas. E neste caso, como en anteriores ocasións, a participación ten carácter aberto e completamente de balde. O único requisito a cumprir por parte dos interesados é o de comunicar a súa intención de tomar parte da mesma, enviando os seus datos persoais ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Lembrar que a participación nesta actividade poderá validarse por tres horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka