Deporte Galego

A Delegación en Santiago pecha con satisfacción un novo curso de iniciación

  • 12 Febreiro 2013 |

Un total de 27 alumnos completan este martes, 12 de febreiro, a súa etapa formativa inicial como novos adestradores. Tras catro completos días de aulas teóricas e prácticas que arrincaron o sábado, na tarde de hoxe péchase unha edición máis dun curso de iniciación 2012 - 2013, neste caso o correspondente á Delegación en Santiago.

Articulado en torno a un nutrido grupo de materias, entre as que non falta un detalle, e materializado grazas a experimentados profesores, o curso transcorreu entre as mellores expectativas, destacando o alto índice de participación por parte dos alumnos, así como o seu grado de interese e atención.

Entre os encargados de dirixir as clases, reforzando o traballo da área deportiva FGB, atopamos ao seu responsable directo, Carlos Colinas; así como ao encargado deportivo da Delegación en Compostela, Iago Palmeiro. Ambos destacan o bo facer de todos os alumnos e o seu compromiso coa actividade. Así mesmo, agradecen as facilidades que ofreceu en todo momento o Colexio Manuel Peleteiro, sede do Curso.

DSC 1024

Próxima convocatoria: A Coruña
E confiando en poder repetir estas boas sensacións, a Área Deportiva da FGB traballa xa na convocatoria de vindeiras quendas para a formación de iniciación, confirmando á Delegación de A Coruña como a seguinte en acometer esta iniciativa.

Establecido no calendario para as datas coincidentes co inicio das vacacións de Semana Santa (22,23,24 e 25 de marzo), a Delegación Zonal Coruñesa admite xa inscricións. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka