Deporte Galego

Continúa aberta a inscrición para a nova charla da "Aula Formativa do Adestrador Galego" con Antonio Pérez

  • 14 Febreiro 2013 |


Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB manteñen aberto o prazo de inscrición para a nova convocatoria da súa "Aula Formativa do Adestrador Galego, neste caso programada para este domingo, 17 de febreiro, e protagonizada por Antonio Pérez.

O técnico de Ferrol ofrecerá unha interesante charla teórico - práctica sobre a "Metodoloxía en Construción Ofensiva dun Equipo en Formación". A súa intervención terá lugar no Pavillón da Xunqueira e dará comezo ás 11.30 h, sendo posible grazas á desinteresada colaboración do Club Estudiantes de Pontevedra.

Inscrición
A participación nesta convocatoria ten carácter aberto e gratuito. O único requisito a cumprir por parte dos interesados é o de comunicar a súa intención de tomar parte da mesma, enviando os seus datos persoais ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Lembrar que a participación nesta actividade pode validarse por tres horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka