Deporte Galego

Aula Formativa do #adestradorgalego: nova cita en Culleredo

  • 02 Marzo 2020 |

Segunda convocatoria da temporada para a nosa “Aula Formativa do Adestrador Galego”. A escasos quince días da súa estre nesta 2019 – 2020, este formato continúa activo e presenta unha nova oportunidade de compartir coñecemento e aprendizaxe da man da área deportiva FGB e coa colaboración de CB Culleredo. A cita será este domingo, 8 de marzo.

Nesta visita da “Aula Formativa” ao Concello de Culleredo contaremos coa participación de dous adestradores altamente experimentados e que son ben coñecidos para á Área deportiva FGB: Javi Muñoz (Adestrador Axudante CB Breogán) e Rubén Vázquez (Seleccionador Galego Cadete Feminino).

As súas intervencións Terán lugar en horario de tarde, de xeito continuado e con as seguintes temáticas:
(16.30 h) Javi Muñoz: "Construir un ataque dende 0"
(18.30 h) Rubén Vázquez "Defensa de bloqueos indirectos desde os básicos defensivos".

Inscrición
Todos os adestradores e adestradoras interesadas en participar poden solicitar a súa inscrición vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando: datos persoais, club de procedencia e aula específica a que se desexa asistir, datos importantes á hora de poder contar coa posterior validación formativa desta actividade, a cal sumará 8 horas de Formación Complementaria sempre que se asista á xornada completa. O prazo para remitir estas solicitudes vence o venres, día 6 de marzo, ás 13.00 h.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka