Deporte Galego

A Coruña busca novos adestradores

  • 05 Febreiro 2020 |

A formación en iniciación para adestradores regresa neste 2020 coa convocatoria dun novo curso na Delegación de A Coruña. Establecido para celebrarse nas datas previas ao entroido, esta inminente oportunidade didáctica presenta o seguinte programa e requisitos para a inscrición:

Curso de Iniciación 2019 - 2020 - Delegación A Coruña

Fase Presencial – Sede: Colexio Compañía de María (A Coruña)

Datas: 22/02/20, 23/02/20 e 24/02/20.

As aulas realizaranse durante as tres xornadas en horario de mañá e tarde, cun profesorado e un reparto lectivo que coñeceremos en vindeiras datas.

Fase non presencial
Realizarase a través da Plataforma de Formación online FGB

Inscrición
O prazo de inscrición para esta convocatoria permanecerá aberto ata o 20 de febreiro e para formalizar a mesma deben materializarse os seguintes pasos:
1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío á delegación (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición e solicitude de bolsa se se realiza, documentos estos dou últimos que achegamos con esta información.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka