Deporte Galego

#adestradorgalego: Formación en iniciación para a zona de Ourense

  • 12 Decembro 2019 |

A zonal FGB en Ourense despedirá 2019 formando a novos adestradores e adestradoras. A Área Deportiva FGB activa un novo curso de iniciación coa colaboración do Colexio Carmelitas Vedruna, que será a sede do mesmo. As datas de celebración, así como o reparto de carga lectiva a ter en conta para os futuros alumnos e alumnas, rexístranse así:

Curso de Iniciación 2019 - 2020 - Delegación FGB Ourense
Fase Presencial (horario de mañá e tarde)
27/12/19 (Sede: Colexio Carmelitas Vedruna)
28/12/19 (Sede: Colexio Carmelitas Vedruna)
29/12/19 (Sede: Colexio Carmelitas Vedruna)

Fase non presencial
Realizarase a través do Campus de Formación online FGB

Inscrición
O proceso de inscrición para esta convocatoria permanecerá aberto ata o 24 de decembro. Os pasos a cumplimentar para a mesma seguen a correspondente orde:
1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío á delegación (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición, documentos que achegamos con esta información.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka