Deporte Galego

Sexta convocatoria para a "Aula Formativa do Adestrador Galego"

  • 04 Marzo 2013 |

A "Aula formativa do Adestrador Galego" chega ao mes de marzo coa oferta renovada da súa sexta charla teórico práctica. Nesta ocasión, ao temón estará o técnico Darío Méndez, e a súa será unha intervención incluída no marco da " I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego".

A "Aula Formativa do Adestrador Galego", programa didáctico que promoven Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB, continúa a propoñer, con forza, interesantes charlas dirixidas a todos os adestradores da nosa Comunidade.

Nesta ocasión, e unindo os seus obxectivos aos da "I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego" convoca para o vindeiro 17 de marzo, en Santiago de Compostela (Colexio Manuel Peleteiro) (18.30 h), unha exposición teórica a cargo do adestrador galego Darío Méndez, quen terá así a responsabilidade de pechar o programa da xornada dando protagonismo ao "Un contra Un en Minibasket".

Participación
A inclusión desta nova "aula formativa" dentro da "I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego" abre diferentes vías de inscrición e participación para os interesados en tomar parte. Tres son as opcións que dende a FGB se facilitan:

Asistencia, en exclusiva, a "Aula Formativa: un contra un en Minibasket"
(18.30 h - 20.00 h. Colexio Manuel Peleteiro)

A participación tramitarase a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando nome e apelidos e título da charla.

Esta opción é totalmente gratuíta e poderá validarse por tres horas de formación continua.

Asistencia, de xeito completo, a "I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego"
(10.00 h - 20.00 h. Colexio Manuel Peleteiro) (Programa de Actividades)

Os interesados en vivir ao completo a "Xornada de Harmonización", coa aula formativa inclusive, deben tramitar a súa participación a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando nome e apelidos e título da xornada.

Neste caso, a FGB e Colexio Manuel Peleteiro ofrecen a posibilidade de xantar nas mesmas instalacións nas que terá lugar a actividade. O prezo desta posibilidade é de 8 euros, a ingresar, de xeito previo, na conta de "la Caixa" 2100 1455 14-0200227406. O xustificante de ingreso deberá constar xunto a solicitude de inscrición vía mail.

Esta opción poderá validarse por 12 horas de formación continua

Asistencia parcial á "I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego"

Os interesados en tomar parte da Xornada tan só en horario de mañá, ou en horario de tarde, deben tramitar a súa participación a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando, neste caso, nome e apelidos e referenciando a franxa horaria na que estarán presentes.

Esta opción poderá validarse por cinco horas de formación continua.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka