Deporte Galego

#adestradorgalego: Vigo, sede para nova convocatoria formativa en iniciación

  • 08 Novembro 2019 |

Chega a segunda convocatoria da temporada para a formación en iniciación para adestradores e a Delegación en Vigo será o seu obxectivo. Marcada para o mes de decembro, esta nova oportunidade didáctica presenta a seguinte programación:

Curso de Iniciación 2019 - 2020 - Delegación Vigo

Fase Presencial

06/12/19 (Sede: Colexio Miralba Jesuitinas)
07/12/19 (Sede: CUVI)
08/12/19 (Sede: CUVI)

Fase non presencial
Realizarase vía Plataforma de Formación online FGB
Horarios
As aulas realizaranse durante as tres xornadas en horario de mañá e tarde, cun profesorado e un reparto lectivo que detallamos nun documento correspondente.

Inscrición
O proceso de inscrición para esta convocatoria permanecerá aberto ata o 3 de decembro, e para formalizar a mesma deben materializarse os seguintes pasos:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío á delegación (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición, documentos que achegamos con esta información.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka