Deporte Galego

A Coruña e Ferrol activan un novo Curso de Iniciación

  • 13 Marzo 2013 |

As Delegacións Zonais de A Coruña e Ferrol promoven para este mes nova acción formativa, dirixida, en exclusiva, a todas aquelas persoas interesadas en comezar a súa aprendizaxe como adestradores.

Ambas as zonais FGB unen os seus esforzos e convocan un Curso de Iniciación para Adestradores, cita a celebrar os vindeiros días 22, 23, 24 e 25 deste presente mes de marzo.

A actividade presenta o tradicional esquema didáctico desta disciplina: 32 horas lectivas, repartidas, en función das súas características, entre as aulas e o Pavillón. (Centro Social Sagrada Familia, Pavillón Municipal Sagrada Familia e Pavillón da Sardiñeira, todas, neste caso localizadas en A Coruña).

No documento que se achega especifícase o horario que os alumnos deberán afrontar xornada a xornada, así como que profesionais serán os encargados de impartir cada materia.

Inscrición
As opcións de participación están abertas. As Delegacións implicadas permanecen dispostas a aclarar calquera tipo de dúbida ao respecto e animan aos interesados a formalizar a súa presenza antes do 18 de marzo, data límite para a inscrición.

Delegación A Coruña
981 269 694
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Delegación Ferrol
981 322 255
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka