Deporte Galego

Xornadas Técnicas con Luis Guil

  • 17 Marzo 2013 |

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón volve á actualidade coas actividades formativas e anuncia a organización das "Xornadas Técnicas con Luís Guil", cita a celebrar en Coruña os próximos 25, 26 e 27 de Marzo.

Dirixidas a xogadores e xogadoras nados entre os anos 1995 e 2000 (infantís, cadetes e júnior), estas Xornadas de adestramento contarán coa dirección técnica de Luis Guil, actual seleccionador nacional sub 19 masculino e con experiencia como adestrador en ACB en Murcia e Fuenlabrada.

Durante tres días, os participantes terán dúas sesións de dúas horas de baloncesto en pista, ademais de actividades relacionadas con este deporte. O obxectivo de todo isto será o de mellorar os fundamentos dos xogadores, á vez que se incidirá na súa formación integral. Para conseguilo, acompañando a Luís Guil, estarán tamén adestradores superiores e monitores de tempo libre.

Plus formativo para adestradores
As Xornadas Técnicas abren o seu público e nesta edición contan cunha actividade a maiores, orientada, en primeira instancia, aos adestradores. Así, o propio Guil será o encargado de ofrecer unha charla baixo o título: "Decálogo dun líder" (martes 26, 20:30 h. Auditorio da Fábrica de Santa Cristina)

Este coloquio contará co plus do seu recoñecemento federativo, polo cal outorgaranse tres horas de formación para os alumnos de cursos de adestradores.

Inscrición
A cota de inscripción para os interesados é de 120 euros en réxime interno e de 80 euros en réxime externo. Ambas tarifas inclúen todos os desprazamentos os pavillóns, un seguro de responsabilidade civil, e unha equipación deportiva de agasallo, ademais da comida para réxime externo, e a cea, almorzo e aloxamento para os internos.

Todos os datos, así como o documento preciso para tramitar a inscripción achéganse a continuación.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka