Deporte Galego

A "Aula Formativa do adestrador galego" viaxa ata Rianxo

  • 04 Xuño 2019 |

O programa “Aula Formativa do Adestrador” despide a temporada este sábado, 8 de xuño; e faino visitando a vila de Rianxo.En colaboración co CB Rianxo e co Concello local, a área de adestradores FGB programa unha nova concocatoria deste formato “aula” contando, nesta ocasión, cos técnicos Carlos Maceiras e Román Gómez como protagonistas.

 O Pavillón municipal de Rianxo acollerá sendas ponencias de ambos os dous técnicos, rexistrando cada unha delas un horario e temática específica.

(10.30 h) Carlos Maceiras (Director Técnico CB Sarria)
“Xogo reducido en situación de 3x3”


(12.00 h) Román Gómez (Básquet Coruña)
“Estratexias Metodolóxicas do 1x1”

Inscrición
Todos os interesados en participar desta nova “Aula Formativa” poden solicitar a súa inscrición vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. remitindo identificación persoal e o club de procedencia, datos importantes á hora de poder contar coa posterior validación formativa desta actividade, a cal computará por un total de 8 horas de Formación Complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka