Deporte Galego

II Día do Adestrador Galego: Programa Completo

  • 03 Xuño 2019 |

Xa está listo. Presentamos o dossier completo de actividades e relatorios que se vivirán o vindeiro domingo, 9 de xuño; en A Coruña no marco do “II Día do Adestrador Galego”

Coa colaboración de Básquet Coruña e oSporting Club Casino; A área deportiva da Federación Galega de Baloncesto, baixo a organización neste caso de Antonio Pérez Caínzos; ofrecerá a todos os adestradores galegos unha oportunidade de luxo para compartir aprendizaxe, experiencias e un prezado tempo con compañeiros e compañeiras galegos e de ámbito nacional e internacional, todos eles cun punto en común: a súa valiosa traxectoria. Para coñecer a indentidade de todos eles, así como os horarios específicos para cada actividad ou relatorio no que participarán, remitimos o indicado Dossier completo para a súa descarga. 

Inscrición
O proceso para poder darse de alta e participar no “II Día do Adestrador Galego” permanece aberto e así o fará ata as 13.00 h do vindeiro 5 de xuño. Os requisitos a cumprir para executar o mesmo pasan por abonar o custe da xornada (38 €, incluindo o xantar no Restaurante Boavista, situado no propio Sporting Club Casino) na conta bancaria: IBAN ES96 - 2100/1455/14/0200227406.
Posteriormente será preciso enviar xustidicante deste ingreso a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. cos datos persoais.

Agardámosvos a tod@s en A Coruña!

#IIDiaDoAdestrador
Data: 09/06/19
Sede: SPORTING CLUB CASINO (A Coruña)
Colaboran: Sporting Club Casino A Coruña e Básquet Coruña.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka