Deporte Galego

II Día do Adestrador: proceso de inscrición

  • 24 Maio 2019 |

A Federación Galega de Baloncesto abre o proceso de inscrición para o II Día do Adestrador, segunda edición dun formato multidisciplinar que a Área Deportiva FGB levará un ano máis ata a A Coruña coa colaboración de Club Básquet Coruña e o Sporting Club Casino.

Aberto a todos os adestradores e adestradoras que desexen formar parte da xornada, o II Día do Adestrador permitirá aos seus participantes compartir coñecemento, experiencias e puntos de vista coa base dun sólido programa que estamos a desgranar pouco a pouco nas nosas redes sociais e que coñeceremos, de xeito completo vía web, o vindeiro 1 de xuño.


A continuación, remitimos os datos clave para tramitar a inscrición, posibilidade que se poderá levar a cabo ata ás 13.00 h do 5 de xuño. 
#IIDiaDoAdestrador
Data: 09/06/19
Sede: SPORTING CLUB CASINO (A Coruña)
Colaboran: Sporting Club Casino A Coruña e Básquet Coruña.


OBXECTIVO: Baixo a batuta de Antonio Pérez como responsable técnico da actividade; compartiranse exposición de ideas, liñas de traballo independentes e actividades globais da man dos mellores adestradores e adestradoras da nosa Comunidade, e contando con tamén con convidados de excepción de talla nacional e internacional.


INSCRICIÓN
O custo de inscrición na xornada é de 38 € (inclúe o xantar no Restaurante Boavista, situado no propio Sporting Club Casino).


O pago farase por ingreso bancario na conta:
IBAN ES96 - 2100/1455/14/0200227406.


A inscrición poderá materializarse ata as 13.00 h do 5 de xuño mediante envío de correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. cos datos persoais e o xustificante de pago.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka